26 nov 2014

Coñecendo e coidando o río.


Os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria saímos a observar a saúde do noso río.
Estivemos  no centro de Precintaxe da Cazolza. O axente forestal, Kike, explicounos  o que alí fan: controlan a pesca de salmóns e reos ,en  xeral  vixían a saúde do río.
Logo desta explicación tan interesante fumos coñecer  o lugar onde nace o río Baos.
Uns Km.  máis abaixo paramos a carón do encoro onde puidemos ver  dende uns cormoráns  ata uns  “saltos”  feitos artificialmente para que os salmóns poidan remontar o río.
Podedes ver neste vídeo as imaxes que tomaron os alumnos de 5º.

Río Baos.

Salto para facilitar o paso dos salmóns.

Fondo do río.

Curso alto do río.

Cormoráns.

Debemos coidar máis o noso río, como vedes aquí, atopamos unha botella.