15 nov 2014

Castiñeiros, nogueiras e magosto.


Como estamos no tempo dos magostos convidámosvos a que vexades este vídeo no que podedes ver os castiñeiros e nogueiras que hai no noso cole.
O noso colexio construído fai case cincuenta anos conta con unha ducia de castiñeiros e tres nogueiras que nos permiten non só celebrar o magosto,senón tamén durante o outono levar castañas e noces para a nosa casa ou elaborar diferentes postres.
Con este vídeo tamén queremos animar a todos os que podan a plantar arbores autóctonas en todos os coles.